Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.589 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Leopoldo Calvo Sotelo, revisitado


Onte luns tivo lugar o acto de apertura de curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Como ven sendo habitual dende hai uns anos, o acto básico foi unha conferencia. Neste caso, sobre Leopoldo Calvo Sotelo, compartida entre o seu fillo José María, a cargo de quen correu a primeira parte da charla, e de Carlos Álvarez Lebredo, que se fixo cargo da segunda. Na mesa, como presentadora, estaba a Directora do centro, Sandra Gavino. E nas butacas, a máis de parte do alumnado, algún familiar, algún persoeiro destacado e algúns vellos integrantes do centro.

Só un pequeno comentario para dicir que foi un acto (dende a miña perspectiva, claro, non dende a dos alumnos, por exemplo) que tivo algo de historia, algo de descubrimento e algo de exaltación. Para comprobalo, a máis dun par de fotos deixo en baixo entre elas o audio das charlas.

Fediverse reactions
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *