Unha poucas verbas para sinalar que o pasado venres 21 tivo lugar a homenaxe do pobo de Ribadeo a Xusto Moreda, dinate da rúa de San Roque onde veu a luz. O público ateigaba a ampla beirarúa e mesmo había xente da outra beira que tivo que segir o acto tráfico por medio. O descubrimento da placa foi un acto emotivo, acompañado da banda que interpretou ‘Yo te diré’ ó comezo, ‘Lonxe do mar’ entre as verbas institucionais e descubrimento da placa e a parte segunda, e dúas pezas máis ó remate, servindo como tal un paso-dobre. Xabier R. Baixeras, referido no programa adxunto, non puido asistir, e leu unha poesía súa (a que aparece no programa) Antonio Deaño, que tivo outras dúas intervencións para ler outros dous poemas.
Deixo o díptico, textos e material gráfico e de audio que me foron pasando (Nicolás Fernández, Enrique Campos, Susi Besteiro e os intervintes na segunda parte) para tentar reproducir non só o desenvolvemento do acto, senón tamén o seu significativo ambiente.







