
Xa está en marcha a homenaxe a Xusto Moreda que impulsou o BNG no pleno do concello e ó que se sumaron o resto dos grupos. Será o día 21 de agosto, venres, a partir das oito da tarde. En principio, na ‘Casa Rosa’ (hoxe pintada de zaul) na r/ San Roque, esquina r/ Vilalba, casa de nacemento do pintor, a menos que o tempo non o permita, desprazando entón o groso do acto ó cine-teatro.
O acto será aberto e terá como punto central a colocación dunha placa a Xusto Moreda na entrada principal do edificio. Asemade, haberá un conxunto de intervencións arredor da figura de Xusto, finado hai catro anos, e acompañamento musical.
Por suposto, o acto é aberto a toda a cidadanía deste pobo que levaba no brilo dos seus ollos.
