Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.563 posts
44 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un premio ó esforzo e benfacer


… aínda que poda soar a pouco.

Paso unha nova que me chegou por correo, aínda que despois comprobeina nos xornais:

A embarcación de catro sen timonel feminino da selección española xúnior, participando na súa tripulación as ribadenses Irene García e Carlota Peña, xunto á andaluza Sara Naboni e a valenciana Sara Torres, quedou ás portas para a última carreira de dez embarcacións no Campionato do mundo sub-19 de remo olímpico que se celebrou en Plovdiv, en Bulgaria. Tras tres intensos días de competición e dúas exitosas regatas previas, só seis centésimas de segundo as separaban da embarcación china despois dos primeiros 1500 metros dos 2000 da xornada final na loita polo cuarto posto da final B, pero quedaron desfondadas no tramo final: unha marca de 7.00,52 só lles permitiu superar a Italia, quedando a máis de dous segundos de China e tamén tras Serbia, Chequia e Nova Zelanda, finalizando así no décimoprimeiro lugar da súa categoría.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *