
Coido que o cartel necesita unha explicación:
De xeito anual, os ‘Amigos del Eo’, grupo como moito semi formal de xentes das Figueiras, Castropol, A Veiga e Ribadeo, reúnense para celebrar a unión das xentes dos pobos da ría de Ribadeo, e aproveitan para homenaxear a algunha persoa que cren que ten feito por dita comunidade. A elección vai rotando polos pobos da ría. Este ano foi elixida Celia Castro, ribadense, e a iso se refire o cartel, por se queres achegarte a celebrar con eles ese día e homenaxear a Celia.
A estrutura da celebración inclúe verbas do/da homenaxeadam de xeito que xa hai acumuladas ó longa da historia da celebración un bo feixe de alocucións que sería boa cousa visen á luz.
Un engadido: como curiosidade, Amigos del Eo celebra con esta edición o seu 80 aniversario, sendo Celia Castro a cuarta muller homenaxeada (Jimena Fernández de la Vega foino en 1953, María Luisa Montoya no 1956, Luz Pozo Garza en 1996 e agora, 30 anos máis tarde, Celia Castro).
