
Un domingo máis, ás 12:30, no cantón dos Moreno de Ribadeo, terá lugar a concentración semanal pola paz que se ven facendo (con algún altibaixo, dende que comezou a invasión da Ucraína. Dende aquela,Israel está a cometer un xenocidio en Gazamentres boa parte da comunidade internacional mira para outro lado mentres fai negocios co estado xenocida, os EE UU atacaron Venezuela, con máis de media centea de mortos para facerse co petróleo e o poder que iso representa, e aogra ameaza con ataca (de novo) Irán e facer o propio con Groenlandia, recrudeceuse a guerra en Sudán, Iemen recibe ataques tanto de Arabia Saudía como de Israel ou mesmo dos EEUU en plena guerra civil, volveu a atraer a mirada da prensa a guerra entre Thailandia e Cambodia… Parece evidente que o chamar a atención sobre a paz, asúa necesidade ou a súa construción e’algo cada día máis apremiante nun mundo que as tecnoloxías están a empequenecer e os poderosos queren domeñar / dominar cada vez máis.
