Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.415 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Entrando no ano: a fría temperie


Dende hai anos veño recollendo datos correspondentes á temperie ribadense. Entre eles, están as temperaturas. Unhas temperaturas que indican que o pasado foi o segundo ano máis caloroso dende que hai rexistros en Ribadeo, ó pesar do relativamente frío último trimestre que impediu unha nova marca anual de temperatura media. Tamén indican que os catro últimos anos son os máis calorosos dende que hai rexistros en Ribadeo, e iso inclúe parte dos anos 20 e 30 do pasado século.

O caso é que este novo comezo de ano 2026 está a ser frío, o terceiro máis frío do que vai de século, como pode verse na gráfica que se adxunta. Nela os trazos que representan as temperaturas medias (en ºC) dos catro primeiros días de cada ano van sendo máis grosos a medida que imos avanzando no século, o que fai ver esta entrada de ano como unha anomalía de frío, só por riba de 2019 e 2021.

Vaia o dicir que catro días dun ano non representan moita cousa máis aló dunha curiosidade entre os datos do pobo durante case dez mil días que levamos de século, pero diso falaremos máis adiante, cos datos ben formatados.

Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *