Mañá 2 de xaneiro, ás 12 da mañá, na Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro ‘Miscelánea de historias’ de José Juan Suárez Acevedo, baseado nun conxunto de artigos seleccionados por Daniel Cortezón e que manifestan non só o coñecemento dos temas que brinda, senón tamén diversas facetas de quen os escribiu. Para xente de menor idade que poda estar falta de referencias, Suárez Acevedo, do que se pode atopar información na Galipedia (https://gl.wikipedia.org/wiki/Juan_Suárez_Acevedo), foi querido e considerado en Ribadeo, máis aló da súa propia contribución ó pobo.

Intervirán, a máis de Adriana Suárez, sobriña do autor, o historiador Chemi Lombardero e o editor de Eoditorial, Antonio Andina. Deixo en baixo a portada do libro:

