O primeiro de xaneiro parece que marca o inicio dun tempo novo, a raíz de que se considere o comezo dun novo ano, é dicir, o comezo dunha nova volta ó Sol do noso planeta, e na súa compañía, de nós. Por iso soe ser un día calmo dun xeito ou outro. Calmo como fin de festa do día anterior co corpo canso, calmo como libre de disposición para dar un paseo, calmo para fixarse nalgunha cousa da que non nos decataramos con antelación ou polo contrario, da que non nos decataramos que segue, que non desaparece.
Un día para ‘poñer en valor’, como se di agora, calquer detalle ao noso redor ou no noso interior. Por exemplo, o que aparece na foto primeira, acoto na segunda imaxe e resalto na terceira:

Unha bonita visión da zona do espolón da praia dos bloques a eso das cinco da tarde, coa marea baixando a media baixada.

Mentras que a superfiice da ría aparecía abondo calma, xusto no exterior do espolón había movemento superficial da auga.

Os resaltes coloreados són indicativos. En azul, resalto unha das varias estelas deixadas pola auba baixante despois de pasar polas boias. Estelas que asemellan ás que deixa un barco no seu avance, e que indican neste caso que a auga baixa nunha dirección que a leva a chocar co espolón, a máis, indo máis rápida na estela que vai máis paralela ás pedras. O resalte en amarelo destaca parte dunha zona na que a auga se move máis ou menos paralela ó espolón, despois de chocar con el, o que leva a que aflore auga que se movía por baixo, se mesture coa superficial e se formen remuíños.
A partir do anterior pódense sacar algunhas conclusións, tanto para a auga (por exemplo, variará a temperatura da auga superficial na zona entre liñas amarelas en relación á que está fóra delas) como para o espolón (ó final do espolón, a zona movida afástase das pedras, que polo tanto terán un aposento máis estable que na zona anterior ó final).
É dicir, curiosidades que manifesta a ría de Ribadeo nun primeiro da ano.
