Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.366 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Paz en Ribadeo


20251116, domingo en Ribadeo, co bo Nadal na casa do concello, por riba das nosas cabezas mentres que Antonio Raimundo Ibáñez segue a despedirse/protexerse estático á nosa beira, un día máis, concentración pola paz.

Primeiro Suso leu un comunicado, logo unha rapaza de ascendencia kurda leu directo do seu bloc un escrito da súa autoría, Nana Montañés lembrou o partido de onte entre a selección vasca e a palestina, Evaristo Lombardero falou lembrando que o maior portaavións do mundo xa está a provocar a Venezuela por orde de Trump, e remataron oas intervencións co aviso dunha concentración na Veiga o día 29 da que deixo o cartel ó final

En baixo, a gravación (cortada nos primeiros minutos de lectura de Suso), varias fotos das máis de corenta persoas hoxe asistentes, e o cartel parfa o día 29 na Veiga. A máis, lembrar que o próximo domingo continuará…

Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *