Chego hoxe a un correo que leva máis dunha semana no buzón sen ser visto por min. Trátase dun escrito / necrolóxica do BNG sobre Xosé Luis Barrera. Adxunto tamén captura de pantalla da esquela:
DESDE O BNG DE RIBADEO LAMENTAMOS O PASAMENTO DE XOSÉ LUIS BARRERA REI, UN BO E XENEROSO QUE SEMPRE TIVO A GALIZA E O COMPROMISO COA CIDADANÍA NO SEU CORAZÓN.
Este martes 30 de setembro soubemos do pasamento do noso veciño e amigo Xosé Luis Barrera Rei. Desde o BNG de Ribadeo queremos transmitir o noso pésame a toda a súa familia e renderlle homenaxe a unha persoa que sempre amosou as súas inquedanzas pola nosa cultura, polo mundo do deporte, e polo seu país: Galiza.
Xosé Luis Barrera Rei estivo vinculado ao mundo da cultura ribadense, nomeadamente ao grupo de teatro, e ao mundo do deporte; tamén foi responsábel local do BNG nos anos oitenta. Tres foron as súas paixóns: Galiza, Cuba e o seu Deportivo da Coruña. Na veciñanza queda un recordo moi agradecido polo seu compromiso co país e con Ribadeo. Sempre formarás parte da nosa memoria, Barrera.
