Únennos os desastres. Prestige, lume… unha vez que pasan. Poucos son os que se mobilizan antes para tentar evitalos, para mellorar a vida de todos e previr…
Estamos nun deses momentos. Incendio a incendio, os lumes queimaron xa en Galicia este ano unha superficie como sete veces a que ocupa o concello de Ribadeo, e mobilizámonos. Hora ía sendo. A ver se queda un pouso para que sexa algo máis que protesta, para que sexa pulo pola mellora da nosa terra, pola mellora de todas as vidas. Maña hai concentración en Ribadeo. Tamén en Viveiro, Caballo, Noia… Tomar conciencia e actuar. Velaivái!

