Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.298 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Testemuña nun incendio: Ribanova, Ribadeo 20250809


Onte ardeu o Ribanova, edificio plenamente identificado con Ribadeo, en plena rúa e praza de San Roque. Por sorte, non houbo que lamentar perdas humanas, aínda que o edificio quedou destrozado, excepto as dúas pareces á rúa e praza. A estas alturas, non se sabe a orixe do incendio, sobre o que se ten dito mesmo que foi provocado por okupas, aínda que non hai cousa que indique que o edificio os tiña. Outras alternativas que escoitei meten por medio un seguro que non sei se existe… faladurías hóuboas e haberáas; certezas, iso xa é outra cousa.

Deixo un vídeo, catro fotos posteriores ó incendio, e dúas máis ó final das que non sei a procendencia, unha posterior e a outra en pleno incendio. Todas elas complementan a numerosos vídeos e fotos que se poden atopar nas redes, como o que deixo ó final.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *