Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.250 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

No domingo, na procura da paz


En Ribadeo, o domingo 29 de xuño, tivo lugar a concentración semanal pola paz. Mais cun engadido, a manifestación que recorreu a vila segundo foi anunciado (ver ó final do artigo).

Máis de cen persoas sumáronse á manifestación, quedando algunha xente menos á posterior concentración no Cantón dos Moreno. As consignas que se corearon durante a manifestación fixeron ao menos por algún tempiño en Ribadeo que a xente se preguntara ‘que era aquelo’ e ‘a que se debía’. Hoxe, un xenocidio á vista do mundo enteiro necesita aínda do boca a boca para que a súa existencia sexa coñecida. Ao menos, iso parece.

Deixo algunha foto de Mati e de Pancho para ilustrar a manifestación e a concentración, así como a convocatoria (xa posteada aquí) para ver o trazado da manifestación, un pequeno vídeo e un descanso final conxunto de (máis ou menos) o grupo principal implicado na organización:

Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *