Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.238 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un acto máis de irmandade


Adxunto nota de prensa:

VELEIROS DE LOKTUDI VISITARON RIBADEO

Tres barcos veleiros e un catamarán de Loktudi, a localidade bretoa irmandada con Ribadeo, recalaron o pasado mércores 11 á tarde ao porto deportivo de Ribadeo, de onde partiron o domingo 16 á mañá.

Durante a súa estancia estiveron acompañados por membros da Asociación de Irmandade Ribadeo-Loktudi, que lles axudaron nas xestións para resolver a avaría dun deles, motivadora do abandono do mastro da embarcación no Golfo de Biscaia, e que lles mostraron os puntos máis emblemáticos da vila e do concello en xeral.

A visita finalizou cun pequeno convite de despedida, que serviu para establecer novas relacións entre as xentes de ambas vilas irmandadas, e para quedar emprazados para un novo reencontro, esta vez en Loktudi, durante a viaxe que os membros da nosa asociación realizaremos do 1 ao 9 do próximo mes de xullo.

Aproveitamos para sinalar que, por razóns de última hora, aínda dispoñemos da posibilidade de incorporar a algunha persoa máis no noso grupo, polo que invitamos a todas as persoas que poidan ter algún tipo de interese nesta iniciativa a informarse chamando ao 629 47 52 99.

ASOCIACIÓN DE IRMANDADE RIBADEO-LOKTUDI

  • Algunha cousa máis sobre a irmandade Ribadeo-Loktudi:
  • Exposición ‘A Bretaña que hai en nós’: 1 e 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *