Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Presentado “Ribadeo, rúas, prazas e espazos”


Este venres, nun salón dos alcaldes do pazo do concello de Ribadeo cheo, tivo lugar a presentación do libro do cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, Lalo, sobre ‘Ribadeo, rúas, prazas e espazos’.

O acto foi sinxelo e curto. Lectura do prólogo polo alcalde, exposición de algún detalle por Lalo, e listo. Antes e despois Lalo asinou libros, e para remate das verbas, o alcalde falou de que se ían poñer nomes a algunhas rúas.

A falta de ler e comentar o libro (lese rápido, pero aínda non o fixen), quedan as verbas ditas na presentación e a portada deste libro de 91 páxinas onde se fai referencia unha por unha a 72 rúas, prazas e espazos de Ribadeo. Un libro que, aínda que non aparecera por ningures na presentación nin no propio libro, entendo unha continuidade ampliada en número de rúas, pero sen fotos e con menos información de cada unha, de ‘Os nomes das rúas de Ribadeo‘, editado a finais do século pasado polo equipo de normalización lingüística do daquela IB de Ribadeo, e que deixo en carga particular ó non ter podido atopalo na web do actual IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Aquí queda tamén, ó final e como testemuña, a súa portada.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *