Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Dun blog de Navia, unha lembranza dunha catástrofe ambiental


    Chégame a través dunha amizade a foto dunha páxina de prensa. Ista:

 

    Despois de ler, tento procurar a noticia en internet. Costoume traballo dar con algo relacionado, a fonte do envío, datada de 2010 no blog SalterNavia. O certo é que, mirando máis decateime que a onde eu quería chegar, a data, estaba ben doada no nome da mesma foto: 2 de maio de 1976. Mais é curioso que se se procura polo título, palabras clave, etc, pouco se saque. De feito, mesmo despois da data, non teño moita máis información que a que sae no blog que ligo. Copio o texto que acompaña á foto nel:

domingo, 18 de julio de 2010


La ría de Navia, una mirada al pasado. Hemeroteca..

La Nueva España. Especial domingo. Portada. 2/05/1976
Entrevista
a Alfonso Rodríguez (pescador). En este caso se trata de una mortandad
producida por la CEASA de aquel entonces, luego hubo más y muchas de
ellas, por su pequeña magnitud nunca fueron denunciadas. La
contaminación era constante y visible, sobre todo por la noche, donde
entraba la espuma hasta los puentes. Cuando CEASA logra diluir más sus
vertidos, mediante emisario y a una milla frente a la desembocadura, va
entrando poco a poco en escena Reny Picot, con vertidos crecientes y así
hasta nuestros días. También aumentaron los residuos urbanos debido al
aumento de la población en ambas riberas de la ría. Entre todos estos
factores acabaron convirtiéndola en una cloaca. Hoy día la ría ya no
huele a mar, las algas, sobre todo estos últimos años, se resisten a
crecer y la mayor parte de los peces, los muiles, son hijos de la
contaminación (gran cantidad de materia orgánica que alberga
habitualmente la ría y de la que se alimentan).
La lectura de esta
entrevista quizás ayude a mucha gente a esclarecer la situación actual.
Hay todo un historial y una gran lucha detrás. Alfonso tuvo que sacar
adelante 8 hijos.”

    Pois iso, tería que mergullarme na hemeroteca de datas anteriores para ver se atopaba algo relacionado. Propoño a quen estea a ler isto que tente procurar a nova da mortandade de peixes. Chegará ó descenso da ría, chegará a CEASA, chegará a Navia, ás bondades da súa ría e a terra que a bordea… pero a mortandade de peixe na ría de Navia, non. Polo menos, a min pasoume. ‘Unha mortandade oculta non é mortandade’ parece querer dicir como consecuencia dunha lei da ‘postverdade’. Por iso decidín recoller esta nova do blog de Salter Navia e redifundila. Porque é necesario ter memoria. E canto máis clara, mellor.

    –Se alguén chega a datas concretas do verquido ou outros datos, por favor, que os achegue en comentarios-

 

Escrito por Agremon en Ribadeando, https://ribadeando.com, o blog de Ribadeo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *