Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A partir de hoxe os días medran



Xa estamos no inverno, e a partir de hoxe os días medran, co que se pode encarar a vida con algo máis de optimismo, segundo pensaban osa antigos e se ve manifestado nos nosos tempos pola lotería do Nadal, que se xoga hoxe. Sorte a todos e todas, aínda que estatísticamente, como todo o mundo sabe, o mellor é non xogar…
Por certo que entereime onte de que o persoal está a facer selección, segundo me dixeron, para facer fixos a traballadores temporais. Coincidiu que no mesmo momento un temporal estaba explicando as dificultades para ser fixo: a el non lle toca esa regularización. E tamén que outra persoa se me queixou de que eso era unha coladeira para ganar votos hipotecando o concello. Non sei máis, pero o caso é que coido que ambolosdous teñen razóns, senón dereitamente razón.
Esta tarde coincidirán unha mesa redonda sobre Pedro Murias co festival de Nadal da EMMeD (ver)
A foto, castropol encadrado entre tellados dende o máis novo mirador en Ribadeo (xa ten uns anos), o do edificio Praza de España


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *