Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.583 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Falando entre pensionistas


Teoricamente, imaxe no D.P….

Teño un pouco deixadas de man as xuntanzas dos primeiros sábados de mes en Ribadeo (ás 12, no Cantón dos Moreno). Pero son interesantes. Non só por xuntar realmente un grupo de xente que fala, discute e ten presencia como voz na sociedade, tendo como tema o mundo dos pensionistas (si, das pensións, pero non só das presentes, senón tamén das futuras, e non só de como ou canto se cobran, senón de como se pagan, etc.)

Por mor do barullo do triathlon, houbo que rematar deixando o Cantón pola praza de Abaixo para desenvolver o acto. Como xungtanzas molestas, non se teñen en consideración ó organizar outros actos. (Vlla dicir que coa coordinacion observada no concello, aínda que non foran concentracións ‘molestas’ o resultado podería ser parello)

Nunha das intervencións, Evaristo Lombardeo falou de como as listas nos centros de maiores da Mariña poden acadar tranquilamente 30 ou 60 persoas de espera, habendo unha soa en toda a Mariña sen lista de espera. Cara e sen saber moi ben as condicións pois isa é outra: a atención para chegar a unha información útil non soe ser moi adecuada: pode que a persoa atenda o teléfono dun xeito humano (en xeral, desta beira da liña está unha persoa maior, con poucos recursos tecnolóxicos para ter unha aproximación doutro xeito que por teléfono), pero aínda así, é moi probable que, ou ben tarde varias chamadas en collelo, ou ben (ou tamén) que non esté a persoa que pode dispor da información, entre outras posibilidades. Hai, a máis outros hándicaps. Poñamos a residencia de Foz, cunha lista de espera de 60 px e preferencia para a xente de Foz. Se eres de Ribadeo, esquécete. Pero aínda sendo de Foz, cando a lista de espera é do tamaño aproximado á lista de ocupantes, a probabilidade é que o tempo de espera se conte en anos… se se chega a ocupar o lugar.

Pola miña parte, a partir dun artigo, comentei diversas cousas que en xeral non era a primeira vez que se falaba delas na xuntanza. Algunhas delas, os ataques as pensións con difamación (dicindo da súa falta de sostibilidade) e políticos (tentando lexislar a facor da privatiación) dende hai 45 anos, mesmo antes de que algún dos que alí estabamos xa xubilados comezara a traballar. Ataques motivados por ansia de negocio: ‘A túa pensión, a súa ganancia’. E ataques que queren provocar a división entre o colectivo afectado, dentro da sociedade, a pesar de amosarse que son as pensións privadas as que teñen máis probabilidades de fracaso e menos rendemento. De feito, cando o ataque comezou en Chile, non só deu lugar hoxe a un dos lugares onde as pensións son relativamente máis exiguas, senón que tamén foron deixados aparte o colectivo do exércido e o da policía. Casualidade?

E máis cousas. Xa sabes, primeiros sábados de mes ás 12 no cantón.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *