Hai moito tempo que non refiro aquí as concentracións que teñen lugar en Ribadeo os primeiros sábados de mes polas pensións en Ribadeo. Non podo referilas porque por unha razón ou por outra, mesmo moitas veces por simple esquecemento, escápanseme. Ese podía ter sido tamén o destino da última celebrada, mais aínda que non teño gravación, as fotos de Enrique Fernández Rivas e o texto/borrador de parte do dito por Evaristo Lombardero dan testemuña. Queda tamén ó final unha pequena nota sobre o movemento ‘yayoflauta’ madrileño.


Saúdos.
Recordaredes que na ultima concentración, do mes de xullo, falamos de formar un grupo de traballo para recoller información sobre os servizos sociais dado que temos un grupo na Mariña de Modepen e outro de Asgaded -que é a asociación pola dependencia- e falei de que o actual Centro da terceira edade de Ribadeo de San Sebastián e San Lázaro ten as obras actualmente paradas e non se sabe cando van comezar de novo. Pero hai varios asuntos respecto deste centro dos que non se fala nada. En primeiro lugar, que antes estaba xestionado por un órgano rector e polas monxas da congregación de Marta e María nun réximen semiprivado, pero agora non sabemos como vai funcionar porque as monxas xa se foron hai anos e o mais probable é que se privatice. E eu entendo que ese é un asunto importante para os usuarios e para as familias, e que debera debaterse e prantexar dende agora que sexa de xestión 100 por 100 pública e participada polas asociacións de veciños e concretamente por representantes nosos de Modepen e de Asgaded. Ben, este é un dos asuntos que comentamos o mes pasado e tratar de recoller información sobre outros centros da Mariña, ver como están os equipamentos de servizos sociais nos diversos concellos da Mariña e que carencias presentan, que demandas hai e que alternativas podemos ofrecer dende Modepen e Asgaded.
Agora vou presentar algúns datos, un resumen dos que facilitaron os compañeiros e outros que baixei de Internet e da prensa, pero ésto é so un avance que en algúns casos hai que contrastar e ir ampliando cando poidamos.
Polos datos que temos ate agora e malia algún erro, na Mariña hai 10 residencias de promoción publica e cinco totalmente privadas. Estas en activo. Ademáis hai outras duas públicas que están en obras aínda que están paradas na actualidade, que son as de Ribadeo e a Pontenova; a de Ribadeo de 45 prazas e a da Pontenova de 30 prazas, que como digo están as obras paradas pola creba da empresa constructora.
En total, prazas públicas agora mesmo calculamos unhas 694 e privadas 124, na actualidade, en total unhas 818. Calculando uns 75 000 habitantes na Mariña e uns 20 000 maiores de 65 anos, debéramos ter unhas 1000 prazas públicas para ter os servizos cubertos que se calculan: unhas 5 prazas por 100 maiores de 65 anos. Ou sexa que según estes datos fáltannos unhas 300 prazas para ter unha cobertura aceptable. Ou sexa que estamos nun 70 % e fáltannos un 30 %. Este xa é un dato obxectivo que nos permite facer algún prantexamento práctico. A ver en canto tempo e con que recursos podemos contar para acadar ese obxectivo e o que están dispostas a poñer as administracións, Xunta, Deputación e concellos. Eu entendo que este tipo de prantexamentos de ámbito comarcal son os que debéramos defender desde os movementos organizados para presionar en conxunto e movilizar aos veciños por obxectivos concretos, equitativos e unitarios. Aquí entraría un plan de equipamentos nos concellos onde non hai servizo nengún como Lourenzá, Barreiros, Vicedo e Ourol que por un criterio de proximidade e accesibilidade deberan ter un servizo adaptado ás suas dimensións e tamén ir completando os equipamentos nas vilas mais grandes según se vexan cales son as súas necesidades e as listas de agarda.
Non me quero extender mais neste tema, pero entendo que é un asunto importante que debéramos ir estudando e prantexando como organizacións de pensionistas e de persoas da terceira edade e preocupadas pola dependencia. Hai moitos máis temas que debemos seguir raballando, por exemplo das residencias mais grandes a única qué é de promoción e xestión 100 % pública é a de Burela, o resto das máis grandes (Ribadeo, Foz, Viveiro, san Cibrao, Ferreira, Xove e Trabada) están xestionadas según diversas fórmulas por empresas privadas ben sexa por completo, ou alguns departamento do servizo. Esto, naturalmente supón, uns beneficios privados a costa de uns equipamntos públicos, uns intereses de lucro na xestión que redundan en peor calidade, menos persoal, menos recursos e unha xestión mais opaca e menos participada polos veciños, usuarios e familiares, En fin hai moitas mais cousas que estudar como listas de agarda, calidade dos servizos, da comida, ratios de persoal, prezos e en xeral todo o que é participación na xestión pero todo esto xa o iremos vendo co tempo e despois ver os centros de día, a atencion domiciliaria, etc.
Outro tema que quero comentar e a nova que aparece neste copia e pega do ABC do día 26 de outubro de 1983:

E moi interesante esta testemuña porque seguramente a maior parte de nós omezamos a interesarnos polo asunto das pensións despois de xubilarnos, hai uns poucos anos. De feito os movementos de pensionistas, e concretamente MODEPEN, veñen de 2017 ou 2018 e seguramente temos ouvido falar das campañas contra as pensións públicas e a sua viabilidade dende xa hai varios anos, pero o que non nos podíamos imaxinar é que no ano 1983 o ABC viña intoxicando á opinión pública con estas mensaxes orientadas a fornecer a privatización das pensións para orientar eses cartos á financiarización e a ser xestionados pola banca, empresas de seguros, financieiras internacionais etc.
–
A máis, na xuntanza estableceu contacto José, un compañeiro de yayoflautas de Madrid que ó día seguinte uniuse tamén á concentración pola paz. Deixo a continuación algunha ligazón dese movemento, por se alguén quere saber máis.
https://share.google/7cJTIycYSZb5WIHqb

