Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.514 posts
41 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mes: Abril 2026

  • O 12 de abril pode ser un bo día para a paz

    Achégase o 25 de abril día da revolución portuguesa que se viu inmortalizada polo ‘Grândola’ que se canta ó remate das concentracións pola paz en Ribadeo. Ó tempo, é anunciado un alto ó fogo no que non hai confianza (Israel segue atacando, Trump ten amosado non ser de confianza, a xente segue morrendo en Gaza),…

  • Nota de prensa: OS TERREOS PARA O NOVO CENTRO DE SAUDE

    OS TERREOS PARA O NOVO CENTRO DE SAUDE          O pasado martes dia 31 de marzo celebrouse un Pleno Ordinario no Concello de Ribadeo [deixo a convocatoria en baixo] no que se acordou, entre outros asuntos, a cesión á Xunta de Galicia dos terreos para a construcción de un novo Centro de Saúde enfronte da…

  • ANGUSTIA. Pancho Campos Dorado

    ANGUSTIA Pancho Campos Dorado A angustia é un estado de ansiedade que se desencadea por diversas causas de malestar emocional provocadas por situacións de desacougo, particularmente de incerteza ó non ter noticias de algo, ou ter limitado coñecemento dun feito que implica risco inminente. Na miña vida mariñeira tiven varias ocasións nas que a Angustia…

  • ILLA PANCHA : CRÓNICA DUNHA DESFEITA ANUNCIADA.

    ILLA PANCHA : CRÓNICA DUNHA DESFEITA ANUNCIADA Desde Por Nuestro Faro constatamos, sen sorpresa algunha, a deterioración da illa no seu conxunto, que non é senón o resultado dos continuos desencontros entre a Autoridade Portuaria e a empresa concesionaria, cuxos intereses respectivos nada teñen que ver coa protección real dese espazo. O acceso público á…

  • Faltan ribadenses

    Faltan ribadenses

    Faltan ribadenses De xeito periódico, cando sae a actualización das estatísticas de poboación hai un medre de novas sobre a catástrofe demográfica galaica, como se di nos termos máis alarmistas. Non vou entrar aquí a xulgar se é ou non catástrofe, as oportunidades que ofrece ou deixa de ofrecer e outros asuntos semellantes. Mais, como…

  • Recuncho da lectura: O Gatopardo

    Recuncho da lectura: O Gatopardo

    O Gatopardo. Giuseppe Tomasi di Lampedusa. ISBN 848288851X. Ed. Galaxia, Vigo 2005. 279px. Para min, unha novela diferente, que trata un tema pasado pero non tanto en canto a que pode tomarse como arquetipo con ollos po presente introspeccionando as persoas pasadas. Sen reviravoltas de máis nin parágrafos sobranceiros, e con algunha cita máis tan…

  • Antonio Díaz Amor, melómano (1965-2026)

    Antonio Díaz Amor, melómano (1965-2026) Carlos Álvarez Lebredo Poderíase poñer a palabra ‘músico’ en vez de ‘melómano’ no título deste artigo. Porque no tempo que lle concedeu a vida (60 anos) a Antonio Díaz Amor ‘Coté’ el foi músico xusto ata aí diante (pouco, como el mesmo recoñecía) pero a cambio foise convertendo co tempo…

  • Domingo de resurección, pedindo a paz.

    Unha nova concentración pola paz en Ribadeo. e ti, queres implicarte en conseguir a paz?

  • Camiño do encanto

    Camiño do encanto Vai camiño dunha década que polo rural de Ribadeo apareceron unha serie de carteis indicadores, moitos, todos cun rótulo: ‘Camiño do encanto’. Opino que tódalas aldeas galegas, non só as de Ribadeo ou Vilalba, teñen algunha ‘pequena cousa’ que ofrecer á vista, cousas para desfrutar. Son en xeral pequenas, sen ambición de…