Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.468 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Xornada de reparación. Soberanía Dixital/Soberanía Tecnolóxica


Nota de prensa amarinha.gal

Soberanía Dixital/Soberanía Tecnolóxica

== Xornada de reparación ==

O próximo venres 10de abril, ás 6da tarde, no CIFP Porta da Augade Ribadeo (Avda. Luarca s/n), terá lugar o evento XII do ciclo Soberanía Dixital, neste caso adicado á Soberanía Tecnolóxica: Xornada de reparación. O grupo amarinha.gal organiza unha actividade diferente ás anteriores do ciclo, neste caso un ‘repair café’ ó estilo dos que se están a facer ó longo do mundo, para axudar a que a xente repare vellos (ou non tan vellos) aparellos de todo tipo e poda seguir desfrutando do seu uso. Trátase de incidir na práctica do dereito a reparar como compoñente dunha sociedade mellor, menos despilfarradora de recursos e máis amiga do medio ambiente e a Terra, actuando asemade para axudar a reverter o cambio climático

A actividade, gratuíta, vai dirixida a todas as persoas que podan ter interese en reparar algún aparello, para o que se tentará axudalas entre os presentes, asistidos polo grupo ESF (Enxeñeiros Sen Fronteiras). A través de ESF dispoñerase dun seguro para os asistentes. Haberá ferramentas postas a disposición polo CIFP, coñecementos variados pero limitados e boa vontade, sen que iso signifique que todo aparello que entre saia amañado. De feito, por experiencia doutros obradoiros semellantes, a taxa de reparacións está entre un de cada 3 e un de cada 4 obxectos cando os obradoiros xa teñen un certo recorrido.

Para facer que o obradoiro sexa manexable, necesítase facer unha inscrición, no correo info@amarinha.gal especificando nome e obxecto que se pretende amañar. Asemade, ó comezo do evento encherase unha folla con datos para o seguro.

É aconsellable aportar ferramentas que se considere poidan ser útis, así como pilas ou outros obxecto para substituír as partes que estean en mal estado dos aparellos a amañar. A duración máxima será de tres horas.

Como en anteriores actividades de amarinha.gal, é aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas interesadas.

Reaccións do Fediverso
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *