Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.463 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Charla sobre seguridade e Ribadeo


Charla sobre seguridade

PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES. RIBADEO

O próximo 26 de marzo, xoves, na Casa do Viejo Pancho de Ribadeo, ás oito da tarde, impulsada pola Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores, terá lugar unha charla sobre seguridade. Coordinada por Evaristo Lombardero, abranguerá diversos temas relacionados coa seguridade polos que se ve afectado Ribadeo.

Coa charla trátase de entender que a seguridade non é só evitar as agresións físicas, senón tamén moitas outras cousas que se achegan mesmo á seguridade alimenticia ou sanitaria, ou que non implica só á figura de policía, senón que é algo que trata das normas e o seu respecto, abondo por riba da toma invasiva de imaxes de control. É dicir, de entender a seguridade de xeito amplo e na que todos participamos. Todos, máis aló -e máis acó- das periódicas xuntanzas de ‘Seguridade cidadá’

PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ARBORES

Ribadeo, 22 de marzo de 2026

Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *