Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.441 posts
36 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo: Celebración do día de Rosalía. A.C.Francisco Lanza


O vindeiro sábado 28 de febreiro imos celebrar o Día de Rosalía cun xantar de confraternización, o CALDO DE GLORIA, no Centro sociocomunitario de Ribadeo (detrás do Concello). O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo de gloria e o compango,  xunto coas filloas de sobremesa. Haberá lectura de poemas e algo de música. O noso compañeiro Eli García-Bouso poñerá música a algún tema de Rosalía de Castro.

O prezo do cantar será de 15€ para socios/as e de 20€ para non socios/as. Pagaranse o mesmo día á hora de xantar.

Por favor, se estades interesados/as en asistir non deixedes de anotarvos. Necesitamos ir preparando o local e precisamos saber número de comensais, etc.

Un saúdo.

A Directiva A.C. Francisco Lanza

Reaccións do Fediverso
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *