Entereime por unha nova que unha mítica web galega, que tentaba ligar emigración galega por todo o mundo con Galiza, Fillos de Galicia, deixou de existir. Mais tras ler a nova, lembrei a existencia desa pequena marabilla que é arquive.org. E alí está a pegada de fillos.org ó longo da súa historia, recollida nunha morea de mostras, 445 veces entre 2000 e decembro de 2025.

Por certo, aquí tes o correspondente en archive.org sobre ribadeando, na nova etapa https://web.archive.org/web/20250715000000*/blogs.amarinha.gal/ribadeando (27 veces gardado, máis 3 correspondentes a ribadeando.gal, https://web.archive.org/web/20250715000000*/ribadeando.gal) ou na vella, https://web.archive.org/web/20250715000000*/ribadeando.blogspot.com (116 veces, máis as correspondentes a ribadeando.com, outras 164 en https://web.archive.org/web/20250715000000*/ribadeando.com)
