Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.430 posts
34 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Onte (20260127) houbo pleno


Si, polo que parece estaba a convocatoria do pleno dende hai hoxe cinco días na sede electrónica do concello, pero non a vira. A convocatoria era a seguinte:

Penso que de terme decatado antes, tería ido. E é que me chamoa a atención que antes de rematar xaneiro haixa unha “Modificación orzamentaria 03/2026”, que non sei se quere dicir que é a terceira modificación do orzamento (aprobado o 23 de decembro, é dicir, hai 36 días) ou ‘só’ unha modificación orzamentaria cando levamos transcorridos só 27 días do novo ano.

Tampouco sei o que significa ‘Comodatos’, nin teño máis precisión sobre as ‘responsabildiades patrimoniais’ a raíz da caída dunha árbore (por exemplo, onde?), o ‘impacto dunha pedra ó rozar’ (asemade, onde?) ou os ‘danos en vehículo pola caída de alumeado de Nadal’ (supoño que nalgunha das ventoeiras deste Nadal).

Do que si teño datos, porque xa o vin no xornal, é do convenio marco plurianual con ACISA, que supón 20 000 € para este ano. Aínda que non comprendo como teñen que aprobalo se é algo plurianual e entendo que xa estaba aprobado o conxunto, supoño que trámite administrativos.

Reaccións do Fediverso
, ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *