Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.417 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre as panchas, edición 2025


Hai uns días, nun post titulado “Sobre as Panchas, a auga pasada, e algo máis“, especificaba que prentedía facer un pequeno estudo sobre as Panchas, pero afortunadamente por un cambio de actuación na difusión do concello, non podía.O 8 de xaneiro apareceu en diversas web e logo na páxina do concello información sobre as Panchas, basicamente para dicir que foi un éxito. Os datos desta información: 216 000 € en transaccións, 3213 operacións, 46 168 € de subvención gastada do concello. A iso hai que engadirlle que estaban previstas, segundo informacións difundidas a inicio de campaña, ventas de ata 260 000 panchas, e un aporte do concello de 85 000 € (co apoio da Xunta, sen especificar porcentaxes).

Cos datos anteriores pódense sacar informacións quizáis máis relevantes, pese a que o comunicado do concello non especifica cousas como o monto de panchas mercadas e non gastadas (que polo tanto non só non consumen subvención senón que fan entrar cartos na conta do concello), e iso pode levar a algunha variación nos resultados que achego.

Ben, se estaban previstas 260 000 Panchas, cunha inversión de 85 000 €, iso indica que desa inversión, 65 000 € (1 por cada catro Panchas, pois comprábanse 40 panchas por 30 €) iría como subvención á compra de Panchas e o resto, 20 000 €, á campaña, xestión, propaganda, etc.

O caso é que segundo a nota de prensa o concello gastou 46 168 € en subvención, logo quedaron sen gastar 18 832 € dos adicados a subvención. Suponse que se acampaña estaba deseñada, os 20 000 € de xestión e outros gastaríanse máis ou menos na súa totalidade. É dicir, Teríase gastado o 71 % e quedado sen gastar o 29 % da subvención e o 100 % de gastos xerais. Se polo contrario miramos en transaccións, teríanse gastado 216 000 €. Entendido sobre 260 000 posibles Panchas, queda o 83 % como gastado (dito doutro xeito, quedaría sen gastar o 17 %). Como vemos, os números non coinciden ó facer as contas por un ou outro método, explicable polo que xa dixen, pois non temos datos para especificar nin cantas panchas das compradas non se gastaron (o que redunda en ‘beneficio’ para o concello, menor subvención empregada e a máis, ‘devolución’ do non gastado ás arcas do concello) nin tambouco sabemos de primeiras canto do que se cualifica de euros en transaccións corresponde a euros non subvencionados (é dicir, alguén que fai unha transacción de 180 € e se atopa cun límite por transacción de 150 panchas, co que pagaría a máis 30 € que non estarían subvencionados).

O caso é que non dar gastado entre 1/6 e 1/3 da cantidade presupostada non é algo que sexa desexable nunca campaña deste tipo para cualificala de éxito. Na campaña do ano anterior (https://www.cronica3.com/2025/01/preto-de-240-000-panchas-canxeadas-na-campana-de-2024/) lográrase un uso das panchas superior, 240 000 mercadas (24 000 máis ca este ano), axustando ademáis na nota de prensa correspondente que a Dirección Xeral de Comercio aumentara 20 000 € ós 85 000 € de Concello e Xunta (aínda que entendo, a pear da redacción, que hai que ver como 45 000 € do Concello e 20 000 € de Xunta a través da Dirección Xeral de Comercio). Por euro empregado polo concello nesta edición, sae un movemento de 3,26 €, mentres que ó facer a mesma conta para o ano pasado (entendendo, xa digo, que os 20 000 van incluídos dentro dos 85 000 e non son aparte, e que se gastou todo o orzamentado, cousa que se induce a pensar da correspondente nota de prensa, pero que polos datos subministrados é imposible que fose así), o resultado é 2,82 €. Nótese que conta tamén como movemento en ambos casos a cantidade subministrada polo concello, e que no das Panchas 2024 collo os 85 000 € como gastados na súa totalidade, como dixen antes e como se deduce da nota citada, a pesar de atopar unha certa incongruencia en que este ano, coa mesma cantidade estiveran orzamentadas ata 260 000 panchas, 20 000 máis có ano pasado.

Por outra parte, seguimos sen saber que porcentaxe de uso de Panchas corresponden a xente do concello e que parte a xente de fóra, o que daría unha mellor idea do pulo da campaña para o comercio local.

Deixaría como resume sucinto para o final o que cada euro gastado está relacionado cunha inversión no comercio de 3,26 € (o que non quere dicir que ese gasto non se fixeran en caso contrario) costándolle este ano a campaña a cada ribadense, vía cartos públicos (é dicir, dun xeito ou outro, impostos) 6,7 € unha vez considerados non os gastos previstos senón os declarados na nota de prensa.

Reaccións do Fediverso
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *