O mesmo que veño facendo outros anos, queda en baixo un pequeno resume estatístico sobre o que foi o ano para as notas de prensa emitidas polo concello e recollidas na súa páxina web. A dicir que, cada vez máis, orixínanse novas no concello que non saen con esa mesma forma de nota de prensa, aínda que estean xeradas e servidas polo concello, o que pode á súa vez xerar unha distorisión sobre a influencia que a información do concello ten sobre a xestión dos medios en relación á vida en Ribadeo. Asemade, cabe repetir o xa dito en anos anteriores de que en xeral as notas de prensa saen antes nos medios que na propia páxina web do concello.
A primeira gráfica representa o número de novas que leva emitido o concello, comezando en 2007. Na actualidade vai achegándose a un total de 6000, número que é previsible que se sobrepase este ano, sendo a tendencia xeral a ir aumentando o ritmo, a pesar de que…

… no último ano volveu diminuír lixeiramente o número de notas emitidas, como se ve na seguinte gráfica.

A gráfica anterior marca unha tendencia clara, pois aínda que os dous últimos anos tiveron unha cantidade de notas menor que o 2023, aínda seguen abondo por riba da media, e a liña de tendencia segue inclinándose:

A pesar da diminución indicada nos últimos dous anos, o número medio de notas emitidas por período de cada mandato vese superado de novo no que vai de mandato da nova corporación, como indica a gráfica seguinte, que expresa o número medio de notas dos dous últimos mandatos de Fernando Suárez (de 1 de xullo a 30 de xuño de catro anos despois) e do que vai do mandato de Dani Vega (de 1 de xullo de 2023 a 31 de decembro de 2025):

