Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.412 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Aclarando un informe. ACISA


Vaia por diante que o que ven a continuación só é o resultado de ter lido e comparado os artigos que apareceron na Comarca del Eo pasada (3 de xaneiro de 2026) e o correspondente do ano anterior (4 de xaneiro de 2025), sobre o desenvolvemento de ACISA en 2025 e 2024 respectivamente, e tentar facerme a idea da evolución do que contan ambos artigos. Teño feito hai tempo algún artigo semellante sobre ACISA (por exemplo, ‘Mirando as contas de ACISA‘, en febreiro de 2016, máis amplo que este presente), pero non o o fixen de xeito sistemático.

Os primeiros gráficos que presento amosan a distribución de ingresos de ACISA no ano 2025, segundo os datos que aparecen no balance publicado o 3 de xaneiro. Remarco o de ‘orientativo’ que levan no título por ser -segundo se di no semanario- cifras arredondadas, ás veces ó alza, outras, á baixa, e co suposto -que non aparece citado no artigo- de que os ingresos e os gastos referidos teñen o mesmo importe. É dicir, o que ven a continuación ten limitacións de precisión.

Na primeira ‘tarta’ presentada destaca que as ‘colaboracións coa administración’, é dicir, cartos directamente recibidos de administracións, supoñen case os 2/3 do total. A eles que habería que engadir tamén os procedentes de administracións como ‘colaboracións indirectas’: entre ambos capítulos suporían máis de 3 de cada 4 euros ingresados. Das cotas dos asociados viría algo menos de 1 de cada 8 euros, o mesmo que de patrocinios privados, o que suporía entre ambos 1/4 dos ingresos totais.

En canto a gastos, son en xeral máis difíciles de identificar a que accións concretas de ACISA corresponden. Un exemplo bríndano as Panchas. En que, como, canto intervén ACISA nas Panchas? En que apartado se debería meter? En colaboracións con outras entidades? Porque en https://pancharibadeo.gal/ queda claro que dalgún xeito si intervén. Aclarar cousas semellantes entendo que requeriría dun informe abondo maior que o que aparece no semanario (e alongar abondo isto que estás a ler).

Visto os datos, as ‘campañas propias de ACISA’ serían o principal capítulo de gastos e levarían algo máis da metade do gasto, e os soldos, gastos xerais, funcionamento, etc, collerían algo máis da cuarta parte do gasto total. O terceiro capítulo de gasto máis importante sería o material para os asociados, que se levaría 1 de cada 8 euros orzamentados.

En relación co ano anterior, no tocante ós ingresos vemos que aumentaron claramente. Abondo máis os que proveñen das arcas públicas (+ 75 %, 77 000 €) que os das arcas privadas (+43 %, 15 000 €)

En canto ós gastos, a parte de campañas propias multiplicouse por 2,5, mentres os outros apartados teñen aumentos abondo menores, do orde de 20 % (exceptuando os vales de compra que igualan as cifras ambos anos).

Hai que destacar que o orzamento de 2024 foi semellante ó xa citado na publicación correspondente ó informe de 2015, incluída a relación de cartos recibidos das administracións ou por parte privada.

Tanto en relación a 2024 como a 2025, fálase de 170 socios, despois de pasar anos citando arredor de 150, e de 600 empregos, os mesmos que os referidos o ano anterior. Asemade, fálase dunhas 5 actividades mensuais directas a máis das apoiadas, fronte ás 4 do ano anterior. Os 6000 seguidores nas redes pasaron a ser 6500 no ano que remata, non variando as visitas á web (unhas 50 000), pero aumentando a máis dun millón de visualizacións o muro de Facebook, un aumento importante e polo que parece, o único lugar considerado nas redes sociais.

Como resume, e interpretación dos números aparte, un gran ano para informar de ACISA en base ó que se moveu e xestionou, substantivamente máis co ano anterior.

Reaccións do Fediverso
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *