O mesmo día que as órdenes de Trump de atacar Venezuela se cumpren polo momento na impunidade dos asasinatos e a destrución, publico a convocatoria de concentración semanal pola paz en Ribadeo. Como tódolos domingos, ás 12:30 no Cantón (ou, dependendo da temperie, no adro da casa do concello). Este domingo, cunha guerra máis que aumentar ó xenocidio de Gaza perpetrado polo Israel de Netanyahu, ó ataque á Ucraína de mans da Rusia de Putin, á Guerra intestina en Sudán, á guerra que segue larvada dende a invasión do Sahara por Marrocos…

