
A nota que deixou a Real Academia Galega: “A votación popular para a escolla da Palabra do Ano da campaña do Portal das Palabras, a web para a difusión do léxico galego promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, concluíu coa elección de xenocidio. O neoloxismo foi creado por Raphaël Lemkin (1901-1959) e constitúe, en palabras do historiador galego Antonio Míguez Macho, un dos conceptos que cambiaron o mundo. O xurista polaco de orixe xudía, que conseguiu escapar da persecución nazi, dedicoulle toda unha vida co propósito de que se recoñecese a súa condición de crime contra a humanidade, e de que como tal se tipificase como un delito de persecución universal. Adoptado tras a II Guerra Mundial pola ONU na convención para a súa prevención e sanción, o termo volveu pronunciarse en múltiples ocasións nos últimos meses para sinalar as accións do estado de Israel na Franxa de Gaza.”
… mentres, en Ribadeo seguiremos concentrándonos os domingos en favor da paz. Deixo o cartel de Suso para este domingo:

