Nota de prensa amarinha.gal:
Soberanía Dixital IX: Administración electrónica. Ferramentas e axuda

O pasado venres 5 de decembro tivo lugar en Ribadeo o noveno evento do ciclo Soberanía Dixital, que mantivo o grupo amarinha.gal durante o ano 2025, baixo o título “Administración electrónica. Ferramentas e axuda”. Desenvolveuse na Biblioteca Pública Municipal el Viejo Pancho, onde nos reunimos arredor da proposta de coñecemento das ferramentas dixitais de comunicación coa administración. Polas circunstancias, pode dicirse que o acto foi unha primeira parte, exposición de principios básicos, que terá en xaneiro unha segunda parte que se poderá chamar obradoiro. Así, Mario Penelo fixo fincapé nas ferramentas previas, como o correo electrónico, e a seguridade antes de poñerse coas pasarelas dixitais que a administración habilita para o trato cos administrados.
O acto foi acompañado co reparto dun fanzine con artigos relacionados.
Adxúntase o audio e as diapositivas da presentación. (dispoñibles en blogs.amarinha.gal)
