Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.369 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Xardíns colgantes de Ribadeo, edición outono 2025


Mirar ó ceo trae moitas veces alegrías para a vista. Dende hai xa anos abondo, levo vendo no alto das construccións humanas vida que se vai asentando nelas, retomando a natureza salvaxe contra a tozudez humana de apropiarse de espazos. Outro xeito de velo é que levo percibindo o abandono de diversas construccións que se van volvendo salvaxes. Eu prefiro interpretalo da primeira forma, e é nese sentido, o de difundir algo que pode ser bonito, que deixo aquí hoxe estas fotos. Corresponden a unha serie que levo amosando hai anos, a dos ‘xardíns colgantes‘, maiormente de Ribadeo. Neste caso, tres canles de tellado veciños colonizadas por plantas de diversto tipo, que se erguen cara ó ceo producindo unha estampa que se apreza, máis aló da consideración de que podan estar impedindo ás canles facer a súa labor.

Reaccións do Fediverso
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *