Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.354 posts
32 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De Centro de Saúde a sanidade


Onte tivo lugar na Casa do Viejo Pancho a prevista charla informtiva sobre o pretendido desprazamento do centro de saúde. É un tema xa tratado en diversas ocasións en Ribadeo, pero sobre o que pouco a pouco vai xerándose nova información que comentar. A charla comezou cunha lembranza do proceso ata o momento, incluídos tanto a manifestación informativa ata o lugar no que se pretende o novo centro de saúde, ou o reparto de octavillas, como por outra banda os ouvidos xordos da administración ós argumentos da xente, que a mesma administración tampouco usa os ollos para facer o correspondente estudo e avaliar a situación como corresponde, e, sen embargo, fala. A administración a nivel local, pero tamén ó autonómico ou ó estatal, pois quedou claro xa hai tempo que a situación de Ribadeo non é un caso illado, senón que se mantén nunha situación xeral na que a sanidade pública está sendo ameazada dende dentro das propias institucións públicas, que a abocan a unha falta de fondos, ó queimado do persoal e á privatización descoberta ou encoberta de diferentes xeitos, tirando da teta pública.

Pouca xente na sala, que colaborou traendo casos concretos e apuntando situacións. E a máis, falouse en canto a Ribadeo, da falta de médicos, do derivar os cartos dos servizos para ladrillo, das enquisas que se fixeron para saber o que implica o levar o centro á periferia, do prometido ‘técnico da Xunta’ para falar do centro de saúde que non viu falar, das novas de que hai seis meses estaban facéndose cos terreos cando a semana pasada nin sabían de quen eran, de dicrir que no centro non hai aparcamento cando na situación prevista terían que facer un novo, do queimado dos médicos, ou en xeral da política de privatización e inseguridade das prazas non cubertas.

Ó final tratouse algunha idea para continuar o movemento a favor dunha boa sanidade pública en Ribadeo.

Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *