Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.353 posts
32 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Centos de mortos máis pedindo a paz


Mentres a guerra na Ucraína segue aumentando o negocio internacional de armas, terrar raras, teconoloxía, etc, os mortos seguen a amorearse na Palestina baixo o mandato do ‘Acordo de Paz‘. Máis aínda, hoxe mesmo o Xapón declara que pedirá o Premio (Nobel) da Paz para o Trump que parece que vai tendo máis claro o resort gazatí…

A modo dunha banda deseñada de Astérix e Obélix, nun extemo da Galicia un pequeno puñado de poboadores do contorno seguen resistindo na protesta. Unha protesta que pouco a pouco aumenta. O pasado domingo houbo media centea de persoas. Aínda que sexa ó lonxe, a paz parece agromar… Queda en baixo o audio da concentración e algunha foto.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *