Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.340 posts
31 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A paz, hoxe, en Ribadeo


Como -case- todos os domingos dende o comezo da guerra da Ucraína (invasión da Ucraína por Rusia), hoxe tivo lugar unha nova concentración pola paz. Como a última tempada, centrada no xenocidio palestino, e como as últimas, lembrando que non é un tratado de paz, senón un descanso para que o exército recupere forzas no xenocidio. Aí están os feitos, continuando coa matanza, continuando coa invasión, continuando coa idea de expulsión, continuando coa idea de facer negocios ca terra que pretenden ‘liberar’… E aí estabamos nós, unha semana máis, de xeito algo cansino pero lembrando que como non imos estar así, se o mesmo exércio israelí se toma o seu tempo antes de continuar?

Máis de corenta persoas, refuxiados polo vento nas escaleiras do concello. Un par de ftos e o detalle dun cartel: Falamos Suso, Evaristo, Salvatierra, eu e Nana.

Antes de comezar
Detalle dun cartel posto nunha fiestra do concello
Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *