
Onte, na concentración dominical pola paz en Ribadeo, a modo de resume do dito anteriormente, engadín algo como ‘Non é un acordo pactado, é un armisticio imposto. E en papel mollado, mollado con sangue porque onte mesmo volvero asasinar a máis de media centea de palestinos. Segue a ser xenocidio. Onte, hoxe, e por desgraza, moi probable que tamén mañá’.
O ‘acordo’ xa está en marcha, mentres segue a morrer xente. E o xenocidio non parou. A despedida da concentración lembrou que o próximo domingo haberá outra. Polas guerras que existen no mundo, si, pero tamén entre elas pola da Ucraína, a que deu lugar ó comezo destas cncentracións en Ribadeo, e por Gaza, cun xenocidio que non se deu completado ate o momento e que segue.

Unha resposta a “Segue a ser xenocidio”
é unha tristura todo o que está pasando, semella que todo que ven acontecendo desde hai dous anos e desde o século pasado non importa nada
é un xenocidio consentido por todos, sinto moita impotencia e moita dor