Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.307 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre a paz, 20250831


Adxunto deixo catro fotos da concentración pola paz en Ribadeo este domingo. Tras a manifestación de mediados de agosto e a cacerolada da semana pasada, de novo unha concentración numerosa con cousa de duascentas persoas expectantes ante a saída da flotilla Global Sumud camiño de Gaza. Verbas de Suso, Nana ou https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/tag/jose-a-salvatierra-rico/, manifesto lido por Maíca e chamamento pola miña parte e por Nana: a próxima semana haberá concentración de novo, claro, pero tamén a saída da volta ciclista a España dende a Veiga camiño de Monforte pola Garganta cun equipo israelí, que verá algunha manifestación do movemento contra o xenocidio que está a perpetrar Israel contra o pobo palestino. Avisouse desa circunstancia e subministrouse o contacto para poder participar a quen o solicitou.

Reaccións do Fediverso

Unha resposta a “Sobre a paz, 20250831”

  1. bo día
    cada día máis xente e que vaia crecendo esa solidariedade contra os xenocidas sionistas e os seus colaboracionistas que son moitos,
    e para min sobran as bandeiras salvo a de Palestina
    #stopxenocidio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *