
Paz a favor das persoas. Non ás guerras. Tentei procurar unha palabra antónima de xenocidio, o mesmo que “paz” é o antónimo de ‘guerra’ e viceversa, pero non a atopei. Parece mesmo como se a lingua se voltase en contra de parar o xenocidio. Tócanos a nós, á xente corrente, procurar o estado normal, sen xenocidio, aínda que non exista a verba para designar ese ‘estado normal’. Pode que ata teñamos necesidade de atopar esa palabra que corresponda ó ‘estado normal’, o antónimo de ‘xenocidio’. Pero nunca poderemos, a falta dela, normalizar o xenocidio que se está a cometer. En Gaza, pero tampouco noutros lugares nos que quizáis van máis lentos, quizáis máis rápido aínda que sexan menos visibles…