Hoxe, no medio da gallaroufa en Ribadeo pola Xira de Santa cruz, tivo lugar a xuntanza semanal pola paz. Media centea de persoas nas escaleiras do concello pedindo a paz, dicindo que se está a producir un xenocidio en Gaza, reclamando accións, difundindo as atrocidades… Falamos Suso Fernández, Evaristo Lombardero, eu, Nana Monteñes e Pepe Salvatierra. Quedan en baixo algunha foto de Suso e de Pancho.



—