
Pode que nós quedemos sen palabras contra o xenocidio, pero mentres, os xenocidas matan e os palestinos, son aniquilados. A concentración dos domingos en Ribadeo comezou pola paz, contra as guerras, coa invasión da Ucraína. Hoxe, sen esquecer as guerras ó longo do mundo, concentrámonos sabendo que debemos centrarnos en Gaza, aínda que teñamos en mente Somalia, Sudán Ucraína, o Sahara e outros lugares. Sabemos que non podemos facer moito, pero estamos tentando facer o posible mentres seguen asasinando xente en gaza. Paz e xustiza!