De xeito periódico xa collín a costume de pasarme por Santa Cruz, a ver como vai aquelo. ‘Aquelo’ para min é máis ben a Casa da ría, e máis concretamente, a zona da cúpula do telescopio. O motivo inicial desa costume é que vai para dous anos vin como a Casa da Ría pasaba do ‘desleixamento’ anterior e chegaba ó ‘abandono total’, logrei levar alí o alcalde, despois denuncieille ó alcalde o estado das intalacións por escrito e con fotos; máis tarde, diante da Guardia Civil, incluíndo xa daquela a substración dalgunha peza do telescopio, din nova da situación nos medios… No blog pódese atopar unha serie de entradas espaciadas dende hai non anos, senón décadas, de como a Casa da ría e o telescopio pasaban de ser usados a pouco usados e logo a a inutilizables, de como a vexetación medraba nas instalacións (e volvía medrar despois de ser arricanda por min), as ‘relacións institucionais’ mantidas, etc.
Pois ben, martes 29 de xullo de 2025, cinco días antes da xira 2025, meses despois da denuncia na Guardia Civil, pasei por Santa Cruz e tomei fotos da Casa da ría. Aquí quedan algunhas para que se poda xulgar a ‘preparación’ para a xira e a atención do concello en relación ó tema (xa digo, en detalle noutro lugar). Desta volta non vou estenderme en explicacións, que xa están dadas noutras comunicacións anteriores.
As fotos comprenden dende a aproximación, entrada á parte superior, terrazas, cúpula, detalle interior por unha fiestra, un par de detalles do exterior, e rematan cunha vista de Ribadeo dende o mirador de Sta. Cruz para aledar un pouco o ánimo…























Posterior:
E unha ligazón de hoxe (día seguinte) mesmo, sobre o mesmo tema: https://amarinaxa.com/news/a-casa-da-ria-reclama-atencion-tras-anos-de-abandono-e-vandalismo/102345/