
Hai poucos días tivo lugar o evento Soberanía dixital VI: Dominio público, tamén teu, a sexta das actuacións deste ano 2025 promovidas por amarinha.gal. Nese acto deuse a nova de que habería un pase de cine baseado nunha película no Dominio Público. Ese momento chegou: será o sábado día 2 de agosto ás 19 horas na Rilleira, no teleclube que serve de sede á asociación de veciños ‘A Parrala’. Alí terá lugar a proxección e pequena discusión, a modo de cineclube familiar, sobre a película de Buster Keaton ‘Steambot Bill Jr.’ que foi proxectada en España co título ‘El héroe del río’.
Ten como novidade esta proxección o ser unha ‘prime’ mundial pola tradución ó galego das cartelas (é cine mudo), realizada por José Manuel Ventoso, quen titulou a cinta como ‘O barco de vapor de Bill Jr.‘ Dita tradución foi posible sen problemas administrativos por atoparse a película no Dominio Público, conforme foi exposto na actividade Soberanía Dixital VI. É unha honra para o grupo amarinha.gal poder anunciar este fito no día da Patria Galega.
A asistencia é libre ate completar aforo.