
Nota de prensa amarinha.gal:
Soberanía Dixital VI: Dominio Público. Tamén teu
-O venres18 de xullo, ás 7 da tarde, a Casa do Viejo Pancho (r/Viejo Pancho, 12), acollerá o evento Soberanía Dixital VI: Dominio Público. Tamén teu. Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión do coñecemento común, o seu uso e a súa protección.
A actividade consistirá nunha presentación, exemplos, reparto de fanzine e máis, incluído un coloquio no que participará toda persoa interesada. Esta é a sexta actividade do ciclo que se está a desenvolver ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, en locais (ata o de agora, a biblioteca ribadense) solicitados e concedidos polo concello para sucesivas actividades sobre a necesaria a moitas veces esquecida soberanía dixital.
Como complemento, será repartido por amarinha.gal un fanzine en galego, neste caso con artigos respondendo preguntas e comentando aspectos do Dominio Público e licenzas abertas.
A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas, interesadas en explorar as posibilidades de uso de licenzas abertas para o coñecemento e os datos. A lembrar que a necesidade de datos está na base da intelixencia artificial, tema tratado na anterior actividade.
As actividades do ciclo ata o momento trataron de:
- Retomando as prazas públicas / Redes sociais
- Temos en común o coñecemento da Wikipedia / Mundo Wikimedia
- Sistemas operativos / Linux
- Blogs, información descentralizada / Unha alternativa informativa
- A IA. Posibilidades e perigos / Un tema enfocado ó futuro
Adxúntase cartel