Hoxe tivo lugar en Ribadeo a concentración semanal pola paz. Perto de media centea de persoas desprazamos este ‘domingo de indianos’ o noso lugar de encontro ás escaleiras do concello, para non interferir cunha ‘escola de danza indiana’ na rúa diante do Cantón. Aínda así, cando comezou a música, veu un mandado para tentar que baixáramos o volume, porque molestábaos. Amablemente, negouse, e Suso dixo unhas verbas ó micro da ‘escola de danza’ sobre que en deferencia a eles, xa desprazáramonos a outro lugar.
Non gravei as verbas de Suso ó comezo, nin despois as miñas propias, de Nana Montañés ou de Pepe Salvatierra, pero queda un pequeno resume e a gravación que Eli deixou para que soara.
Primeiro, púxose a gravación de Eli García Bouso coa nova canción feita expresamente para estes encontros. Suso repartiu a letra, e esperamos que sexa o comezo, a coro, a partir da próxima xuntanza. Deixo aquí a gravación que soou e tamén a letra (atención, é bilingüe) por se alguén non foi e quere imprimila para a próxima vez:

Despois, Suso fixo un pequena lectura, rematando con que se nos acaban as palabras mentres o xenocidio segue. Eu tamén dixen unha poucas verbas sobre a proposta de comezar coreando a canción de Eli ‘Palestina libre’ e logo lembrando que os indianos traían á memoria hai cousa de cen anos, e que daquela xa estaban por moitos séculos os palestinos na súa terra, Nana trouxo a colación a proposta dun criminal para un premio Nobel feita por un xenocida, Maica propuxo poñer por comercios fotos de Gaza, a raíz dunha experiencia en Logroño, recorrido por un vehículo cunha pantalla, etc.
Algunha foto de Suso:



