Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.254 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A paz non se ve, pero trabállase


Hoxe, ás 12 e media da mañá en Ribadeo, no Cantón dos Moreno, tivo lugar unha nova concentración semanal pola paz. As verbas de Suso e Nana foron acompañadas pola música de Eli García Bouso que deixo ó final, e escoitadas por as máis de sesenta persoas que tentamos acubillarnos detrás dunhas casetas coa lenda de ‘Tapia de Casariego’ e diante do valado da obra da Torre dos Moreno.

Na primeira foto aparece precisamente esta montaxe de feira de verán, antes de comezar o encontro, deixando ver a compresión do espazo público aproveitado para a concentración. As fotos, salvo as dúas primeiras, de Suso.

Diante, os tenderetes da actividade de ‘As vacas fracas
A pequenez do recinto e o estar nunha traseira obrigou a usar pancartas e bandeiras de xeito creativo
Unha parte dos congregados
Dende fóra
No medio do verán
Unha pomba de visita. Só ten branca a parte traseira, como se a paz estivera de cú…
As verbas de Eli
Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *