Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.240 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Outro ano, outra bandeira negra


Remata de darse a coñecer o informe das bandeiras negras de Ecoloxistas en acción deste ano. Na Mariña, aparecen a balsa de lodos de Alcoa (por contaminación otorgouse á empresa Alcoa polo recrecemento da balsa de residuos e o recén descuberto emisario oculto ao mar) e outro ano -pois xa a tivo tamén no 2022-, a Illa Pancha (por mala xestión, na provincia de Lugo, otorgouse á Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria e ao Concello de Ribadeo por permitir a ocupación e uso irregular dun espazo público en Rede Natura 2000). Copio o resume correspondente a esta última:

“A adxudicación no ano 2015 sen concurso público da concesión de aproveitamento dun espazo natural protexido emblemático do Concello de Ribadeo como é a Illa Pancha, para o aproveitamento económico por Eirobra SL, sen tan sequera realizar o preceptivo estudo de impacto ambiental foi xa denunciado e sinalado cunha Bandeira Negra no ano 2022. Neste ano 2025 cúmprese o prazo de 10 anos establecido na concesión, que permite a prórroga da mesma por outros 5 anos. Entendemos que cómpre esixir que non se conceda a prórroga mentres continúen as irregularidades denunciadas pola Asociación de Veciños Por Nuestro Faro, e concretamente que se proceda a avaliación ambiental preceptiva antes de dar continuidade á explotación do paraxe. A obriga de realizar unha avaliación de impacto ambiental para realizar unha actividade económica allea ás tradicionais en zona de Rede Natura segue a ser incumprida pola promotora, e consentida polas tres administracións con competencias no asunto que transitan entre o silencio e a opacidade.

O acceso a todo o informe correspondente a Galicia, incluídas imaxes e mapa, e as páxinas correspondentes á Mariña:

Reaccións do Fediverso
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *