Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.235 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre a andaina cívica entre centros de saúde en Ribadeo


Remato de recibir unha nota de prensa de hai un par de días, feita despois da andaina entre o centro de saúde actual de Ribadeo e o lugar do pretendido novo centro de saúde, é dicir, unha andaina relacionada coa sanidade en Ribadeo:

NOTA DE PRENSA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ARBORES

        O pasado luns, 9 de xunio, celebrouse unha xuntanza ordinaria para debater os resultados da Andaina Cívica convocada o sábado día 31 de maio e propoñer novas actividades para o sucesivo. 

        Tod@s @s @sistentes estiveron de acordo en que a andaina foi un éxito pese a non ter un prantexamento de manifestación e non ser unha convocatoria masiva. Xuntáronse sobre sesenta persoas, moitas delas incorporadas sobre a marcha sen previo aviso.

         Como proxecto a curto prazo acordouse redactar unha nota informativa sobre os inconvintes e posibeis vantaxes de pechar o actual Centro de Saúde e levalo a un punto tan lonxano como é a zona da estación de servizo, facendo fincapé en que o problema actual é a falta de persoal e non o estado do edificio que ben pode ser reparado e mellorado. En segundo lugar dirixirase un escrito ao Sr. Alcalde de Ribadeo preguntando se se tiveron en conta oos atrancos e inconvintes da nova ubicación que pretende a Xunta de Galicia e que apoia o concello. E en terceiro lugar convocarase unha charla informativa presencial ademais de seguir informado polos medios de comunicación e as redes sociais.

          Darase comprida información nos proximos días.

          Ribadeo, 11 de Xuño de 2025

,

Unha resposta a “Sobre a andaina cívica entre centros de saúde en Ribadeo”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *