Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Máis aló de pedir polo fin do xenocidio


O pedir pola paz non pode quedarse aí. Hoxe, na concentración convocada tódolos domingos, Suso Fernández leu un artigo. Evaristo Lombardero comentou dous artigos de Le Monde Diplomatique. José Ángel Salvatierra falou sobre diversas cousas, incluído un artigo do El País. E eu tamén dixen unhas palabras, na idea de que hai que difundir que estamos ante un xenocidio, e que as guerras existen e todas son inxustas. Se os medios non se ocupan do tema polos intereses que sexan, teremos que ser a xente de a pé quen fale, para que se teñan presentes e polo tanto, se sinta, podan aparecer mostras de solidariedade e non se esquezan e ‘desaparezan’ os feitos diante dos nosos ollos mentres as atrocidades van en aumento. Ó final do artigo está a gravación e as fotos de Suso recollendo as case corenta persoas que hoxe se achegaron baixo o sol.

Como nota aparte, quedei de poñer aquí os dous artigos citados por Evaristo, pero logo de ver a licenza de LMD, non podo facelo, co que só deixo a ligazón e o moi pequeno resume que fai de subtítulo ós mesmos como compañía das verbas de Evaristo:

La izquierda de Bélgica, contraria al rearme

Peter Mertens, secretario general del Partido de los Trabajadores Belgas (PTB), que logró un gran avance en las elecciones federales de 2024, presenta el análisis de su partido sobre la perspectiva de un gran rearme europeo para hacer frente a la “amenaza rusa”. Frente al discurso dominante, nos recuerda que prepararse para la paz no puede significar necesariamente hacer la guerra.

Brasil aboga por el multilateralismo

Brasilia se compromete en varios frentes ante los crecientes desórdenes internacionales. En esta contribución redactada antes de la guerra comercial iniciada por Estados Unidos, el asesor diplomático del presidente Luiz Inácio Lula da Silva aclara la acción y las orientaciones de su Gobierno para la construcción de nuevos equilibrios mundiales.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *