Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pola tarde saíu o Sol. Pola mañá, o ceo choraba por Palestina


Domingo 11 de maio de 2025. En pleno mes das flores,mirando ó parque chovido e polo momento só cunha palmeira morta e retirada, unha pequena concentración de 20 persoas cobixábase da chuvia baixo os soportais do concello de Ribadeo. O ceo choraba. Palestina e as guerras que desangran o planeta estaban presentes nas palabras da xente. Verbas que deixo baixo a foto de Suso, gravadas nun fondo de chuvia.

Audio do día.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *